diumenge, 18 de desembre del 2011

De faldes i gaites



La veritat és que ja fa uns quants mesos que hi vaig estar, però encara no em puc creure que haja tornat. De vegades, el meu cap continua perdut en la inabastable verdor d'Escòcia. El professor de gallec ens fa fer redaccions de tota mena. En l'última havíem de parlar sobre algun viatge. Que per què publique ara una redacció en gallec sobre el viatge que vaig fer a Escòcia fa uns quants mesos?

a. Perquè mai no havia escrit la crònica d'un viatge.
b. Perquè vull fardar del meu domini (escrit) del gallec.
c. Perquè tinc el cap sequet d'idees.
d. Perquè ací escric jo i faig el que em rota.

Trieu la resposta que més us agrade.

Na primavera do ano pasado os meus compañeiros de carreira e eu fomos a Escocia, para celebrar o que, para algúns, sería o final de catro anos de estudo. Concretamente, estivemos alí unha semana i aloxámonos nun hotel de Glasgow. Cando chegamos sorprendeunos que o clima non era tan tempestuoso como imaxinabamos. E é que, ao fin e ao cabo, era primavera e o normal é que nos fose sol e bo tempo, aínda que nós esperabamos pasar uns días no medio da néboa romántica e misteriosa do norte de Gran Bretaña. Pero a ausencia de néboa e de choiva permitiunos gozar das marabillosas excursións ao aire libre que tiñamos programadas.


Glasgow é unha cidade industrial que se pode visitar en pouco tempo. Por iso, aproveitamos os dous primeiros días para recorrela. Debo dicir que, aínda que no é tan bonita como Edimburgo, a cidade de Glasgow é o cerebro de Escocia, xa que é onde se move a economía —o mellor exemplo deste feito é que Glasgow conta cos dous mellores equipos de fútbol da Liga escocesa, o Celtic e o Rangers. Desta maneira, en Glasgow hai moitos edificios de oficinas, moitas fábricas e, ademais, a cidade ten un dos primeiros metros de Europa. Recordo que os asentos do metro parecían eses sofás de sky dos anos sesenta.

Se Glasgow é o cerebro de Escocia, Edimburgo é o seu corazón, porque é unha cidade con moita historia e cunha oferta cultural vastísima. O feito que sexa a capital do reino non é gratuíto. Así pois, Edimburgo está chea de catedrais, castelos, pazos, museos e monumentos en honor a personaxes ilustres —moitos deles dedicados a William Wallace. Pero o máis encantador de Edimburgo son as súas quellas medievais; esas canellas estreitas, empinadas e irregulares que aparecen nalgunha escena da película Trainspotting. Nunha destas canellas está a taberna onde J. K. Rowling escribiu o primeiro libro da saga Harry Potter, e preto de alí hai unha escultura maxestosa dedicada a Walter Scott, cousa que demostra que en Edimburgo se respira sempre un ambiente propicio para o desenvolvemento intelectual.

Nesta viaxe, ademais de visitar as dos cidades principais de Escocia, tamén percorremos as denominadas highlands, situadas no extremo setentrional da illa. Alí, nun entorno de natureza desbordante, entre prados interminables e bosques centenarios, encóntrase o famoso lago Ness. Despois de visitalo e considerar a magnitude da paisaxe entendo que se xerase a lenda do monstro. Por outro lado, nestes paraxes ancestrais aínda se conservan vestixios da lingua gaélica, sobre todo na toponimia. Pero non todo foron visitas culturais e excursións pola natureza, porque tamén tivemos ocasión de relaxarnos nos pubs e de degustar a xoia da cultura escocesa: o whisky.









2 comentaris:

  1. Eu tamén quero fardar... jejeje es que hai tempo que non leo nin escribo nada en galego, teño que praticar! Definitivamente, Escocia é unha das miñas viaxes pendentes. E o gaélico, outra lingua pendente! Hai tempo, intentaron buscar relacións entre a lingua galega e a gaélica. O resultado, claro, foi un fracaso... pero a lingua das gaitas segue soando nunha e outra paisaxe do Atlántico. Xa sabes, Josep, temos que buscar xirimiteiros no mundo para establecer relacións culturais! :)

    ResponElimina
  2. Propoño un trato: a partir de agora falaremos sempre en galego e así non o esqueceremos.

    Por certo, descoñecía o tema da relación que se intentou establecer entre a lingua galega e a gaélica. Grazas pola información!

    En canto aos xirimiteiros, creo que en Grecia e en Turquía se toca un instrumento semellante. Se é que non podiamos ser máis mediterráneos... Agora alguén quererá establecer relacións entre a lingua catalana e a turca.

    ResponElimina